SONUVigo

SONUVigo

By Universidade de VigoNewsScienceEducation
Download on the App Store

SONUVigo episodes

  • SONUVigo-Episodio 3
    Novo ano e novo episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e RRII da Universidade de Vigo.

    A Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo cumpre 25 anos do cambio da súa denominación, daquela Facultade de Humanidades. Do pasado, presente e futuro deste centro falaremos con membros da súa comunidade universitaria.

    Tamén viaxaremos ata as Illas Açores e Roma da man do noso alumnado e coñeceremos a dúas investigadoras, María Shantal Rodríguez e María Talavera, benefiaciarias do Plan de Retención de Talento da UVigo. Un episodio no que tamén debullaremos os plans do novo director da Área de Normalización Lingüística, Benigno Fernández, e nos achegaremos ao mundo do debate e da oratoria co equipo campión de España de Debate: a Asociación de Debate Universitario Retórica da UVigo.

    Grazas todas e todos os que participastes neste episodio e as persoas que o escoitades. Un saúdo de Mª del Carmen Echevarría, xefa de Prensa da UVigo e responsable da creación, produción e realización de SONUVigo! 

    Sintonías e efectos: Creative Technology Showreel. Pumpupthemind; Promo logo; Stomp Clapping. makesoundmusic (Pixabay)
    51 min
  • SONUVigo-Episodio 2
    Ola!

    Benvidas e benvidos ao segundo episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo, no que as e os protagonistas sodes todas as persoas que formades a comunidade universitaria e todas aquelas que queredes descubrir como é a nosa institución académica.

    Este episodio está dedicado a falar con Manuel Reigosa, o reitor da Universidade de Vigo, co que conversaremos sobre os orzamentos para o vindeiro ano 2025, da situación e plans de futuro para o persoal docente e investigador (PDI), para o persoal técnico de xestión de administración e servizos (PTXAS); así como de infraestruturas, titulacións ou das vindeiras eleccións á Reitoría. Pero tamén aproveitaremos, tendo en conta estas datas nas que nos atopamos, para preguntarlle ao reitor da UVigo que lle pide a Papa Noel e aos Reis Magos e cales son os seus desexos para o ano novo.

    Grazas por escoitar SONUVigo. Recibide un saúdo de María del Carmen Echevarría co apoio técnico de Paco Brisaboa.

    Música: Christmas Magic by danyvin; Merry Christmas by Vislevski e Christmas is Coming by Vislevski (TuneTank) e Creative Technology Showreel. Pumpupthemind; Promo logo; Stomp Clapping. makesoundmusic (Pixabay)
    40 min
  • SONUVigo-Episodio 1
    Benvidas e benvidos ao primeiro episodio de SONUVigo!

    Estreamos o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo falando coa ex-presidenta do Tribunal Constitucional e desde hai unhas semanas trixésima doutora honoris causa da Universidade de Vigo, María Emilia Casas e co seu padriño, o catedrático Jaime Cabeza. 

    Logo das reflexións de quen tamén foi a primeira muller catedrática na área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social en España, viaxaremos a Turquía e a EEUU con Gabriel e Alfonso, respectivamente, dous estudantes da UVigo que están a cursar parte das súas titulacións nun país estranxeiro.

    De volta aos campus descubriremos o traballo e compartiremos as reflexións sobre a carreira investigadora con Pedro Arias, catedrático de Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía e investigador do Cintecx, recentemente galardoado coa medalla Isidro Parga Pondal da Real Academia Galega de Ciencias.

    Tras repasar o máis destacado da axenda das próximas semanas nos tres campus, achegarémonos con Ana e Carla, dúas mozas con diversidade intelectual ao Programa para o Emprego e a Vida Autónoma, que se imparte en Vigo e Ourense. Lembraremos o máis destacado que nos deixou a última sesión do Consello de Goberno e descubriremos o primeiro Espazo Muver, que desde hai unhas semanas funciona no edificio de Ciencias do campus de Vigo.

    E remataremos na Facultade de Comunicación do campus de Pontevedra, onde naceu Dúas Señoras, unha webserie de catro capítulos creada por case unha vintena de estudantes. 

    Grazas a todas e todos os estudantes, PDI e PTXAS que participastes neste episodio no que, ademais contei co apoio técnico de Paco Brisaboa, e a todas e todos os que nos escoitades. 
    SONUVigo volve nunhas semanas, ata entón podedes recomendarnos e volver a escoitarnos nas principais plataformas de audio e nas redes da UVigo.

    Un saudo de Mª del Carmen Echevarría, xefa de Prensa da UVigo e responsable da creación, produción e realización de SONUVigo!

    Música: Pixabay (Creative Technology Showreel. Pumpupthemind; Promo logo; Stomp Clapping. makesoundmusic)
    37 min
  • SONUVigo-Episodio 0
    A Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo lanza SONUVigo, o podcast da Universidade de Vigo no que a comunidade universitaria é a protagonista.

    Un espazo sonoro no que, a través de entrevistas, reportaxes e relatos, o alumnado, o persoal docente e investigador e o persoal técnico de adminstración e servizos descubrirache como soa a UVigo.

    Benvidas e benvidos! Comezamos!
    1 min

About SONUVigo

From the publisher's feed

A UVigo é unha universidade con tres campus que suman “máis habitantes” que 290 dos 313 concellos galegos.

Máis de 20.000 estudantes, docentes- investigadores e persoal técnico de xestión e de…