Esta mañá estiveron na Radio Municipal de Tui Sandra Guarreiro, técnica de ACITUI, e José Díez, un dos vogais, para facer o sorteo de dúas cestas de Nadal. Para participar os clientes dos distintos establecementos que forman parte da Asociación podían comprar as papeletas durante esta campaña de Nadal. Os números premiados foron o 422, vendido en Joyería José Antonio, e o 327, vendido en Peluquería Carmiña. Noraboa aos premiados.