Temporada 2 | Deborah ciencia

Temporada 2 | Deborah ciencia

By AGalegaAudioScience
Download on the App Store

Temporada 2 | Deborah ciencia episodes

  • Sesgos e prexuízos ideolóxicos
    Como afectan os sesgos e os prexuízos ideolóxicos á ciencia e á tecnoloxía?
    Sábeo ben Deborah García Bello cada vez que publica un chío como @deborahciencia
    con referencias exclusivamente científicas.
    11 min
  • O triángulo de lume
    Con Deborahciencia explicamos en que consiste o "triángulo de lume" que tanta influencia ten nos incendios. Tamén afondamos en como se producen as reaccións en cadea e nos diversos procedementos de extinción de lumes que existen.
    21 min
  • Fotografía e ciencia
    A ciencia da fotografía e a experiencia na CICA (CICA - Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade da Coruña) de Deborah García Bello.
    Arte e investigación, man a man.
    15 min
  • Non todos os hidróxenos son iguais
    Que diferenza hai entre o hidróxeno verde, o hidróxeno gris, o hidróxeno rosa ou hidróxeno branco... se é un gas incoloro? Déborah García Bello resolve as dúbidas sobre o elemento químico máis abondoso do Universo, o seu aproveitamento e o seu impacto no medio ambiente.
    17 min
  • Reciclaxe de roupa
    Hai uns días anunciouse unha colaboración entre a empresa química BASF e a téxtil ZARA na que conseguiron obter un novo material reciclado para fabricar pezas de roupa máis sostibles.
    O material chámase " loopamid " (a tradución podería ser "bucle-amida") que é un exemplo de " upcycling " ou como reciclar un material de pouco valor e convertelo noutro máis valioso (algo que adoita ocorrer no outro sentido).
    Con esta nova como percha, Deborah Ciencia falounos do impacto ambiental da moda, en que consiste a reciclaxe téxtil, en que consiste e como se fabrica a loopamida.
    E moi importante, se se pode facer algo individualmente para contribuír a facer da moda algo sostible.
    15 min

About Temporada 2 | Deborah ciencia

From the publisher's feed

Coñecemos, da man da científica e divulgadora Déborah García Bello, problemáticas e realidades do mundo no que vivimos e cun foco especial no mundo da saúde. Con temas de actualidade e atemporais,…