"Lucía dende Mos fixo esta consulta á nosa Enfermeira Saturada: "Bos días. Dende primeiros de ano vamos collendo toda a familia pouco a pouco unha infección que nos ten metidos no baño, e teño coñecidos que tamén están pasando por isto, ¿é algún tipo de virus?"
Que síntomas provoca ese norovirus ademáis de ter que estar metido no baño? Como se contaxia? Como se trata?
Se collemos ese virus, temos que ir ó médico ou a urxencias?
"Susana dende Monforte de Lemos. "Pregunta para a Enfermeira Saturada. Levo varios días con catarreira, miña irmá dime que é gripe pero eu penso que non, como podo saber se o que teño é unha cousa ou a outra? Cambian moito os síntomas do catarro á gripe? Temos que ir ó médico ou podemos tratar a gripe na casa?
Na pandemia tiñamos aqueles test de Covid para facer na casa, hainos tamén para a gripe?
Dende a Consellería de Sanidad avisan de que o pico de casos está previsto para o 20-25 de xaneiro,
que podemos facer para evitar contaxiarnos?