A presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra descúbrenos aspectos da vida de Rosalía de Castro recén divulgados pola Cátedra da USC que leva o nome da poeta. Coñecemos a María Villanueva e Rubén Abad, os gañadores do concurso Fran Pérez Narf. Falamos da X edición do Festival de Fotografía Foco co seu organizador, Juan Varela, e cun dos participantes, Nacho Alonso. Ademais Moncho Lemos cóntanos que se estrea nas salas de cine e Afonso Becerra mergúllanos na actualidade das artes escénecias en Galicia.