'Basal' non é un disco máis na carreira de Ugia Pedreira. Recoñecido cun Martín Códax na categoría de canción de autora, foi tamén candidato nos premios MIN e nos galardóns da Academia da Música de España.
O proxecto, que terá novas ramificacións proximamente, segue viaxando polos escenarios: o sábado 14 de xuño, na Casa da Cultura de Bertamiráns, o 27 de xuño no Fisterra Experience e o 20 de xullo no festival Músicas do Mundo, de Sines.