Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 21-05-2025
    O Castelao máis íntimo chega aos cines. Estréase ‘Antes de Nós’, de Ángeles Huerta, con Xoán Fórneas no papel protagonista e Cris Iglesias como a súa dona Virxinia.
    Con Eva Sandino imos ata Lugo para percorrer a exposición de Christian Villamide na Galería Néboa
    31 min
  • 'Sophie non é o meu nome de guerra'
    “É unha oportunidade de tomarmos conciencia das políticas de fronteira”
    Redrum estrea este venres na Coruña 'Sophie non é o meu nome de guerra', un espectáculo teatral a partir do texto homónimo de Roberto Pascual, que narra a viaxe obrigada da protagonista dende o seu Camerún natal ata Galicia, unha vida atravesada polas políticas migratorias, o racismo e a escravitude sexual.
    A peza, dirixida por Laura Míguez, está protagonizada por Camille Hedouin e Alixa Ladson
    19 min
  • 'Os seráns en Vilancosta'
    Dolores Vilavedra comenta ‘Os Seráns en Vilancosta’, de Santiago Cortegoso. Unha homenaxe dramatúrxica a Avelina Valladares, pioneira da literatura galega e unha das primeiras mulleres en publicar artigos de opinión na prensa do século XIX
    10 min
  • ‘Galicia Design Week’
    O festival de deseño ‘Galicia Design Week’, que está a ter lugar na Coruña, fai da cidade a capital do deseño por sexto ano.
    Está codirixido por Álex Rico, con quen falamos da manchea de actividades que programan, todas de balde.
    Tamén conversamos con Daniela Arias, coordinadora, que vai moderar a USUAL SUMMIT este xoves
    17 min
  • A crónica deportiva 20-05-2025
    No Celta, tolemia por ir a Xetafe. Máis de dous mil seareiros estarán no Coliseum.
    Falamos co presidente de Tapa Celeste, Berto Osorio.
    No Deportivo comezan os intereses por Yeremay
    ,
    29 min
  • Diario cultural 20-05-2025
    Redrum estrea este venres na Coruña 'Sophie non é o meu nome de guerra', un espectáculo teatral a partir do texto homónimo de Roberto Pascual.
    Mónica Maneiro  comenta 'Mulleres, traballo, memoria', a mostra de Mar Caldas no CGAC
    31 min
  • Diario cultural 20-05-2025
    O festival de deseño ‘Galicia Design Week’, que está a ter lugar na Coruña, fai da cidade a capital do deseño por sexto ano.
    Dolores Vilavedra comenta ‘Os Seráns en Vilancosta’, de Santiago Cortegoso
    32 min
  • Música clásica en Lugo, Ferrol e Santiago
    Pablo Sánchez Quinteiro trae hoxe no repertorio o Festival de Música Cidade de Lugo, a programación da Sociedade Filharmónica Ferrolá e o peche de temporada da Real Filharmonía de Galicia.
    Con obras de Barbara Strozzi, Shostakovich e Beethoven.
    11 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades