Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 23-08-2024
    Dende esta tarde e ao longo de toda a fin de semana, a Fundación Uxío Novoneyra celebra no Courel unha nova edición do Festival dos eidos. Falamos coas poetas Luz Pichel e Brenda Mondelo.
    Raquel C. Pico tráenos unha escolma de novelas "de moda" para ler no que queda de agosto
    31 min
  • Diario cultural 23-08-2024
    Falamos con Margarita Ledo, recén chegada do Festival de Cine de Locarno coa súa última película "Prefiro condenarme".
    Afonso Becerra fálanos de experiencias inclusivas nas artes escénicas
    30 min
  • A crónica deportiva 22-08-2024
    Claudio Giraldez analizou o partido diante do Valencia en Balaídos. Ristic é baixa para o encontro e Guaita causa alta.
    O Deportivo negocia a incorporación de Charlie Patiño, xogador do Arsenal. Antonio Hidalgo, adestrador do Huesca falou do respecto que ten ó Depor.
    Oscar Pinchi está, de novo, na órbita do Racing Club Ferrol. O xogador negocia a rescisión do seu contrato co Rizespor turco.
    O Lugo incorporará a Martin Ochoa en calidade de cedido polo RC Deportivo.
    31 min
  • Diario cultural 22-08-2024
    Podían celebrarse vodas entre homes na Galicia do século XI? O catedrático de Historia Medieval da USC, José Miguel Andrade sostén que si existían unións legais que podían agochar relacións homosexuais.
    31 min
  • A crónica deportiva 21-08-2024
    Primeiras verbas de Javi Rodríguez, o último debutante do RC Celta en Primeira División. Rafa Obrador novo xogador do Deportivo. Chega cedido polo Real Madrid. No Racing Club Ferrol, Manu Vallejo, a última incorporación xa traballou cos seus compañeiros. Pablo Prieto pasou polos Deportes da Crónica para falar polo miúdo do España-Hungría de fútbol sala que se disputará este xoves en Ferrol.
    30 min
  • Diario cultural 21-08-2024
    Pontedeume convértese esta fin de semana na "Vila do libro", acollendo encontros con escritores e escritoras, debates, música, poesía, contacontos, exposicións, obradoiros... Falamos deste evento co seu promotor, Enric Bono, e con dous dos participantes, a editora Andrea Jamardo e o músico Samuel Diz. Ademáis, o noso colaborador Carlos Crespo comeza hoxe a repasar as que, baixo o seu criterio, son as mellores cancións galegas deste verán.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades