Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades... more
FAQs about Todos os podcast | A crónica deportiva:How many episodes does Todos os podcast | A crónica deportiva have?The podcast currently has 4,208 episodes available.
May 09, 2026Diario cultural fin de semana 09-05-2026A orquestra folk Sondeseu celebra o seu 25 aniversario cun concerto no Auditorio Mar de Vigo. Falamos da historia desta formación con Begoña Riobó e Anais Barbieri. Alberto Ardid coméntanos a súa exposición "Hay un lugar", que introduciu no MARCO elementos característicos do rural galego. Conversamos con Vladimir Merino, comisario da exposición "E ademais debuxan", un conxunto de debuxos realizados por meniños durante a guerra civil española que se pode ver na Casa das Campás en Pontevedra. Vituco Neira fálanos da campaña "Castelao non o faría" coa que os ilustradores galegos pretenden concienciar sobre as consecuencias que ten para a súa profesión o abuso da utilización da Intelixencia Artificial....more57minPlay
May 08, 2026Expreso de medianoite 20-11-2010Parada teatral en "Casting" outra proposta escénica da compañía "Lagarta Lagarta". Protagonismo do cinema galego nas estreas de carteleira. O expreso fai unha viaxe especial polas cartografías musicais polos países que protagonizaron o espazo da Radio Galega "Andando a Terra"....more1h 58minPlay
May 08, 2026"Revelesencia"Afonso Becerra fálanos de ‘Revelesencia’ o concepto que articula a XII edición do Festival Internacional de Artes Escénicas Escenas do Cambio 2026. Acuñado pola súa directora artística, Kirenia Martínez, combina revelación, efervescencia e esencia para definir unha programación sobre a transformación consciente e a persistencia do escénico. Deica o domingo en Santiago....more13minPlay
May 08, 2026Expreso de medianoite 13-11-2010Primeira parada en "Memoria das memorias dun neno labrego", proposta teatral do dramaturgo Cándido Pazó para conmemora os 50 anos a obra de Neira Vilas. O Expreso detense tamén no festival de Jazz Cidade de Lugo. Continuamos a viaxe pola terra de China....more1h 57minPlay
May 08, 2026Expreso de medianoite 14-11-2010Comezamos falando con Xes Chapela do documental "Jazz en liberdade". Achegámonos a "Volpone", a montaxe da comedia satírica de Ben Jonson que Talía Teatro presentou en Compostela. Acompáñanos o responsable de programación da Filmoteca Galega, Xosé Manuel Sande. Un tránsito polo sector libro con Manuel Bragado, director de Edicións Xerais e presidente da Asociación Galega de Editores....more1h 55minPlay
May 08, 2026Expreso de medianoite 21-11-2010Viaxamos á Amazonia con "Apash, os de fóra", un documental de Tintimán Producións en colaboración coa TVG escrito e dirixido pola realizadora Cora Peña para darlle voz aos pobos indíxenas da selva peruana. Parada en Compostela nas xornadas sobre "Literatura e violencia de xénero".Tránsito polos camiños do teatro coa segunda entrega de "Citizen", a proposta da compañía Chévere.En directo no estudo, Sergio Tannus Trío....more1h 55minPlay
May 08, 2026Expreso de medianoite 27-11-2010Homenaxe póstumo ao ilustre Francisco Fernández del Riego, escritor, intelectual e político, figura fundamental da cultura galega. Na madrugada, a segunda entrega das "Cartografías Sonoras" do espazo "Andando a Terra"....more1h 55minPlay
May 08, 2026Expreso de medianoite 28-11-2010Comeza a viaxe coas mulleres peregrinas no medievo ao fío dun libro presentado polo CSIC. Paramos en "A muller", primeiro traballo discrográfico conxunto de Rosa Cedrón e Cristina Pato. Xulia Alonso fálanos do seu primeiro libro, "Futuro imperfecto". Na segunda hora, unha viaxe cunha das voces fundamentais do panorama musical galego, Uxía....more1h 55minPlay
May 08, 2026Expreso de medianoite 7-11-2010Entrevista co teólogo e académico Andrés Torres Queiruga. O pazo de xustiza da Coruña acolle a exposición "As Pegadas da Xustiza" para celebrar o 80 aniversario do edificio. Repaso ás propostas da escena galega do outono. Na segunda parte do programa, unha nova visita á China....more1h 51minPlay
May 08, 2026A crónica deportiva 08-05-2026Claudio Giráldez na previa do Atlético de Madrid - RC Celta, e unha praza europea máis para o fútbol español.Javi Torres, dende Cádiz, nas horas previas o partido do Dépor no Novo Mirandilla.Día grande para o Obradoiro. Se lle gaña o Guipúscoa, ascende á Liga ACB....more30minPlay
FAQs about Todos os podcast | A crónica deportiva:How many episodes does Todos os podcast | A crónica deportiva have?The podcast currently has 4,208 episodes available.