A nosa contadora de lendas, Sole Felloza, levaranos hoxe ata o Concello de Lousame, onde está a Cama do Home Santo que, segundo din, serve para curar todo tipo de males ós que se deitan nela.
Luís Miguel Crespo achéganos á actualidade da música clásica. Nesta ocasión, enfatiza na excelencia da 11 edición do Festival Bal y Gay que terá lugar na Mariña.
Afonso Becerra vai achegarnos o mundo dos directores artísticos, ben de festivais, ben de teatros. Programadores como Roberto Pascual, que acaba de despedirse, tras 15 anos, da MIT, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.