Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • O frío, a estrea de Pablo Dopazo
    O frío é a primeira dunha nova produtora que aposta por outras formas de facer cinema. “Falta un compromiso coa xente que filmas e á que filmas”. Falamos con Pablo Dopazo director da curta galardoada no festival de Cans.
    16 min
  • A crónica deportiva 29-05-2024
    O adestador galego afincado en Castellón, David Caneda, fálanos do rival do Deportivo.
    Mario Gómez, defensa central do Pontevedra CF, di que sairán co Betis igual que fixeron co Dep. Aragón.
    No Racing Club Ferrol Ander Cantero, o máis destacado de toda a temporada.
    30 min
  • Diario cultural 29-05-2024
    O frío, a curta mais premiada en Cans é a primeira dunha nova produtora que aposta por outras formas de facer cinema. Falamos con Pablo Dopazo e percorremos a intervención artística de Carme Nogueira no parque do Pasatempo
    16 min
  • Diario cultural 29-05-2024
    Falamos cos programadores culturais de Outes e A Guarda, que están a tomar parte na feira Galicia Escena Pro.
    Luís Miguel Crespo tráenos A mansión dos anxos
    31 min
  • Diario cultural 29-05-2024
    Conversamos cos dous escritores ourensáns sobre as novelas que publican nesta primavera. Ameixeiras volve ás librarías con Un anarquista, protagonizada
    por un emigrante galego que chega á Barcelona libertaria de 1977. Bieito Iglesias entrega a súa segunda novela do inspector Marañao, Unha gripe cabaluda, ambientada
    en plena pandemia.
    31 min
  • Ameixeiras, Iglesias e a novela negra ourensá
    Reunimos os escritores Diego Ameixeiras e Bieito Iglesias, os dous ourensáns, practicantes de novela negra e con novidades chegadas ás librarías nesta primavera.
    Ameixeiras publica Un anarquista, protagonizada por un emigrante galego que chega á Barcelona libertaria de 1977. Bieito Iglesias volve coa segunda novela do inspector Marañao,
    Unha gripe cabaluda, ambientada en plena pandemia.
    31 min
  • Sara Herranz dialoga con Simone de Beauvoir
    Mónica Maneiro comenta a exposición 'Sara Herranz & Simone de Beauvoir' que pode visitarse na galería Dupla de Santiago ata o 14 de xuño.
    A ilustradora canaria dialoga coa obra da escritora e pensadora francesa, figura clave do feminismo e o existencialismo.
    10 min
  • Legado Coidado, arte comunitaria para o Pasatempo
    Conversamos con Carme Nogueira, a artista e investigadora que realizou esta intervención no Parque do Pasatempo de Betanzos despois dun proceso participativo veciñal.
    Escoitamos tamén o mediador Fran Nogueira, do proxecto Concomitentes, que canalizou a iniciativa.
    18 min
  • A fuxida de Cristina Rey
    A nosa prescriptora de libros tráenos A Fuxida, de Cristina Rey Vázquez. É unha novela sobre a migración e unha alegación contra o racismo. De protagonismo feminino, incide na necesidade dos lazos de sororidade para enfrontar as situacións máis difíciles da vida dos personaxes, que transcorre entre Vigo e Ecuador
    10 min
  • A crónica deportiva 28-05-2024
    Analizamos o máis destacado da comparecencia de Marco Garcés, director deportivo do RC Celta.
    O RC Deportivo ten 9 baixas para recibir ao Castellón na ida da final polo campionato da 1ª RFEF.
    No CB Breogán, Salva Arco asume a función de director xeral e Tito Díaz continúa "só" como director deportivo.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades