Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 20-05-2024
    Rosa Aneiros esculca na memoria e as súas capas en A noite das cebolas. A historia de reconciliación coa vida e coa morte de Abril Andrade centra a conversa coa escritora: “Esquecemos que formamos parte do planeta”
    16 min
  • Tito Refoxo, Xaime Varela e Miguel Faus
    Noutro sábado de cine acollemos ó actor Tito Asorey, que estrea no Festival de Cans a súa primeira curtametraxe, titulada "Nai", con banda sonora de Moura.
    Con Xaime Varela anticipamos a impactante historia de Carlos Asorey Martínez, un documentalista oculto que filmou á emigración galega en París e traballou na TVG. Os seus filmes e súa historia sairán á luz na Sección Cineherdanzas do Festival do Porriño.
    Entrevistamos a Miguel Faus, director do filme "Calladita", apadriñado por Steven Soderbergh tras o seu paso por Sundance. A cinta considérase a ‘Parasitos’ española.
    57 min
  • Especial Diario Cultural Luisa Villalta
    Poeta, narradora, ensaísta, dramaturga e música, o perfil da autora complétase tamén desde o activismo social e político, o feminismo ou a defensa da lingua e a cultura galegas.
    Isabel Freire asina este programa dunha hora de duración no que podemos escoitar a numerosas voces entorno á figura de Villalta. Tanto a traxectoria vital como a profesional, social e política forman parte do especial no que, grazas ao arquivo da Radio Galega, recuperaremos a poesía de Luisa Villalta na súa propia voz.
    Coñecidos persoeiros como Eva Veiga, Pilar Pallarés. Henrique Rabuñal, Pepe Cáccamo, Xurxo Souto, Ana Pillado, Pilar García Negro, Armando Requeixo, a académica Margarita Ledo, ou a súa irmá Susana Villalta, participan coas súas reflexións e recordos e completan unha rigorosa análise da súa figura .
    59 min
  • Diario cultural 16-05-2024
    15 artistas no programa da quinta edición do Festival Plataforma que se desenvolve en distintos espazos Santiago ata o 25 de maio. Falamos con Mónica Maneiro
    16 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades