Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • 'Lobos nas illas'
    Dolores Vilavedra tráenos un clásico de Marilar Aleixandre: 'Lobos nas illas'. Esta obra foi publicada por Xerais en 1996 e foi reeditada e traducida ao castelán por Galaxia en 2022.
    11 min
  • A crónica deportiva 23-04-2024
    Falamos co canteirán do Celta Ferrán Ferreiroa, que volve xogar despóis de máis dun ano de lesión.
    Día de loito no deporte galego. Morre José Ricardo Fernández, delegado do Celta antes da chegada de Gudelj e adestrador e xerente do CD Ourense, entroutros,. Falecemento tamén de Maite Méndez, adestradora e fundadora do Club Baloncesto Arxil de Pontevedra.
    No Deportivo, longas ringleiras virtuais para mercar un billete para o Depor - Barsa Atletic.
    24 min
  • Diario cultural 23-04-2024
    Pese a cambiar as formas, os soportes ou os consumos, hai algo que non cambia nunca: a sensación de salto ao baleiro cando se comeza un libro ou de melancolia cando este remata. Polo Día do Libro mantemos o foco nestes elementos de valor incalculable pero a través dun fenómemo que nos últimos anos está a experimentar un notable crecemento: o dos "bookstagamers". Facémolo da man de dúas delas: Miguel García Fernández e Adela Touriñán.
    Dolores Vilavedra tráenos un clásico de Marilar Aleixandre: 'Lobos nas illas'. Esta obra foi publicada por Xerais en 1996 e foi reeditada e traducida ao castelán por Galaxia en 2022.
    31 min
  • "Bookstagramers": expandindo o universo literario nas redes
    Pese a cambiar as formas, os soportes ou os consumos, hai algo que non cambia nunca: a sensación de salto ao baleiro cando se comeza un libro ou de melancolia cando este remata. Polo Día do Libro mantemos como o foco nestes elementos de valor incalculable pero a través dun fenómemo que nos últimos anos está a experimentar un notable crecemento: o dos "bookstagamers". Facémolo da man de dúas delas: Miguel García Fernández e Adela Touriñán.
    17 min
  • Diario cultural 23-04-2024
    Doce voces afondan na obra e na figura da escritora no volume Un ruído provocado(r). Voces arredor de Luísa Villalta. Unha “non-biografía” coordinada por Mercedes Queixas e Montse Pena Presas
    16 min
  • Berta Cáccamo
    O Museo de Pontevedra acolle a mostra "Berta Cáccamo. Correspondencias dun arquivo", que busca manter viva a súa memoria e difundir a obra da pintora abstracta.
    Falamos co seu irmán e co comisario da mostra.
    16 min
  • Sun Iou: amizade e amor á música
    “Agora” é o título do primeiro disco dunha nova formación chegada dende Teis: Sun Iou. O grupo mestura rock, música tradicional, punk e pop nun disco autoproducido e no que a amizade e o amor á música son o motor fundamental do proxecto.
    15 min
  • A crónica deportiva 22-04-2024
    Alfonso Rueda recibe o equipo tralo seu ascenso á máxima categoría a falta dunha xornada..
    O Racing Club Ferrol recibirá ao CD Mirandés o luns vindeiro.
    O Ourense CF a un paso do ascenso directo .
    O Pontevedra CF prepárase para os play off polo ascenso.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades