Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 06-03-2024
    “Queremos mostrar o potencial narrativo e expresivo que ten a animación” Alberto Vázquez co-dirixe Imaxinaria. Comeza na Coruña segunda edición do Festival Internacional de Animación.
    Lembramos a voz de Luísa Villalta no vixésimo aniversario do falecemento da escritora .
    15 min
  • Diario cultural 06-03-2024
    A exposición 'Lamazares. Inda é día' revisa, por primeira vez, os 50 anos da obra do artista Antón Lamazares. Unha mostra na que conviven pinturas e madeiras, campos e flores, cadaleitos e toureiros, obras de enorme tamaño, palabras, poemas... e incluso un alfabeto propio.
    O noso colaborador Luís Miguel Crespo adica o seu espazo no programa a falar do papel das mulleres no mundo musical, poñendo o foco en Galicia e naquelas compositoras e intérpretes das que non se sabe demasiado. Falamos de María Muñoz, Milagros Porta e Carmen Díez.
    30 min
  • ARCO 2024
    Mónica Maneiro avánzanos a presenza galega na feira de arte contemporánea, que se celebra en Madrid, con 206 galerías de 36 países e o mar Caribe como protagonista.
    Nordés é a única galería galega no programa xeral, mentres Vilaseco participa na sección Art Libris
    30 min
  • Ourense cruzamento de camiños
    Conversamos co comisario, Manuel Gago, e co coordinador local da mostra, José María Eguileta.
    A exposición está aberta ata o 11 de maio na sala ourensá d´Afundación ,
    É a sexta mostra do proxecto 'Cidades no tempo', organizado pola Xunta a través da Fundación Cidade da Cultura
    30 min
  • A crónica deportiva 05-03-2024
    Álvaro Giménez, dianteiro do Racing Club Ferrol, suma xa 7 goles na liga, e advirte sobre a dificultade de visitar ao Cartaxena. "Xoguei alí moitas veces e non gañei nunca"
    30 min
  • Diario cultural 05-03-2024
    Inaugúrase a exposición 'Ourense no tempo'
    Conversamos co comisario, Manuel Gago, e co coordinador local da mostra, José María Eguileta.
    Tamén está en marcha ARCO2024 en Madrid, coa galería Nordés no programa xeral e a galería Vilaseco na sección Art Libris.
    Mónica Maneiro repasa a presenza galega na feira
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades