Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Os músicos galegos volven a casa polo Nadal
    Son moitos os autores e compositores de música clásica que viven no estranxeiro. Entre eles atopamos a Iria Folgado, que reside en Berlín e acaba de presentar o seu debut discográfico ‘Ecos de Breogán’; e ao pianista Guillermo Rodríguez, que vive en Bruxelas e vai actuar no Liceo de Ourense.
    19 min
  • A crónica deportiva 02-01-2024
    Rafa Benítez explica a fichaxe de Jailson, a última hora do Celta Fortuna, o Dépor, o Lugo e o Arenteiro antes da xornada na 1ª RFEF e, no baloncesto, a previa do partido da Liga de Campións que vai xogar o Breogán en Turquía.
    30 min
  • Diario cultural 02-01-2024
    A música clásica volve a Galicia polo Nadal. Son moitos os autores e compositores de música clásica que viven no estranxeiro. Entre eles atopamos a oboísta Iria Folgado, que reside en Berlín e acaba de presentar o seu debut discográfico ‘Ecos de Breogán’; e ao pianista Guillermo Rodríguez, que vive en Bruxelas e vai actuar no Liceo de Ourense. Na segunda parte do podcast, Dolores Vilavedra recomenda a novela ‘Entomoloxía para misioneiros’, de Fernando Castro Paredes.
    30 min
  • Diario cultural 02-01-2024
    O libro 'Somos hip-hop', publicado pola editorial Galaxia, é unha viaxe a través da historia do hip-hop. A obra presenta os fundamentos do breaking, rap, graffiti, turntablism e beatbox. Os autores son Pablo Castiñeira e David Brey. Na segunda parte do podcast, Mónica Maneiro fálanos da primeira mostra individual da artista Carla Souto, na Galería Vilaseco da Coruña.
    30 min
  • Balance da literatura infantil e xuvenil en 2023
    A literatura infantil e xuvenil de 2023 escríbese co nome propio da escritora Fina Casalderrey, candidata ao Premio Hans Christian Andersen, un dos maiores galardóns da literatura a nivel internacional. Repasamos a súa obra con Eva Mejuto e lembramos outros fitos literarios do ano que remata, dos 25 anos da editora Kalandraka, ás novas coleccións literarias para xente moza ou os autores e autoras que recibiron os galardóns máis relevantes da LIX galega no último ano.
    15 min
  • Balance do ano escénico 2023
    Alfonso Becerra fai balance do ano escénico 2023. Na lírica, destaca o traballo e o repertorio das asociacións de amigos da ópera da Coruña e Vigo. Entre eles, destaca a novidade da ópera infantil ‘Oca’, con letra de Gloria Rico, e con música e composición de Juan Durán. O ano 2023 comezou xa co éxito da estrea de ‘Mosca’, da compañía Ártika, con texto e dirección de Gustavo del Río.
    11 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades