Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 06-11-2023
    O noso experto arbitral Xabier Rodríguez fai balance das decisións máis controvertidas vividas polo Celta no que vai de temporada: cre que tivo dúas a favor e seis en contra. En Ferrol, o Racing valora a traballada vitoria diante do Andorra mentres o Dépor volve goleado de Irún
    30 min
  • Diario cultural 06-11-2023
    “É un libro sobre a experiencia de vivir o deserto”. Ana Cabaleiro publica 'Xa vemos palmeiras', entre a autoficción, o caderno de viaxe e o texto memorialístico.
    15 min
  • Diario cultural 06-11-2023
    As Miudiño Sessions, impulsadas pola plataforma A Regueifa 2.0, son unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegos en formato mínimo gravados en localizacións singulares. Noel Feáns, o seu promotor, fálanos destas sesións, feitas de xeito artesnal e sen fins comerciais.
    Emilio Españadero fálanos da homenaxe que se lle vai facer a Pancho Álvarez en Fene e dos novos traballos discográficos de Fernando Barroso e Ker Cuez.
    30 min
  • Diario cultural 06-11-2023
    ‘O pobo canta: o pensamento político de Pier Paolo Pasolini’ é o título da xornada que organiza o Consello da Cultura o martes 7 de novembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Conversamos cun dos coordinadores do encontro, o cineasta italiano Simone Saibene, que intervirá tamén para falar do cine de Pasolini. Escoitamos outra das participantes, a xestora e creadora cultural Cristina Consuegra, que confrontará o pensamento pasoliniano coas grandes cuestións do noso presente.
    Tempo para a ciencia con Estíbaliz Espinosa, que vén charlar e reflexionar con nós sobre o feito da extinción.
    30 min
  • VI Toponimízate
    Sabías que 2 de cada 3 topónimos que hai en España están en Galicia? A sexta edición de 'Toponimízate' busca recuperar os topónimos que dan nome ós nosos territorios. Falamos con Vicente Feijóo e Nicanor Palomares, de Galicia Nomeada.
    14 min
  • 'Era Cabra', o novo de Terbutalina
    Escoitamos o novo álbum do grupo de Muros co seu cantante, Miguel Cernadas. Oito temas nos que regresan ao son directo, máis cru, e que presentarán en directo o 8 de decembro na sala Malatesta de Santiago.
    18 min
  • Máis contos de medo con Eva Mejuto
    Segunda entrega da historias terroríficas que escolmou para nós Eva Mejuto. Hoxe, A casa enmeigada, o clásico de Jan Pienkovski, que trouxo ao galego hai uns anos a editorial Patas de Peixe. Tamén lemos a última entrega dos Minimortos de Ledicia Costas, Criando malvas, outra historia divertida que rompe co tabú da morte coa axuda das ilustracións de Mar Villar. Poñemos o ramo cunha historia de bruxas, Clorinda Marween: unha bruxa inventora, con texto de María Márquez e ilustracións de Pupé, editado por Cumio.
    10 min
  • A crónica deportiva 03-11-2023
    A directiva do Arosa cre que o equipo poderá avanzar á segunda rolda da Copa do Rei por mor da posible aliñación indebida do Granada; en Primeira, as peñas do Celta convocan unha queixa polas últimas arbitraxes e, no baloncesto, venres de partido para o Ensino, o Uni Ferrol e o Celta
    29 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades