Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 26-10-2023
    Rafa Benítez asegura que os datos do Celta son bos e di que están "por diante no Manchester City nos tiros a porta". No Deportivo, Retuerta recoñece que foi duro non xogar e analizamos a fichaxe do ex NBA Justin Anderson no Breogán
    15 min
  • Diario cultural 26-10-2023
    XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral: 'Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción'. Trátase dunha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Celébrase este sábado en Lugo e para falar dela trouxemos a Lois Pérez, Marta Veiga e Nuno Pico.
    30 min
  • XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral
    XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral: 'Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción'. Trátase dunha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Celébrase este sábado en Lugo e para falar dela trouxemos a Lois Pérez, Marta Veiga e Nuno Pico.
    20 min
  • Diario cultural 26-10-2023
    A xunta directiva da Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou que o ditame da XLVIª edición dos Premios da Crítica de Galicia 2023 se celebrará o sábado 28 de outubro no centro social Afundacion de Vigo, acto en que se recoñecerá a Bieito Ledo Cabido como presidente fundador da entidade, tras a laudatio de María Xosé Porteiro. Charlamos co protagonista.
    15 min
  • Diario cultural 26-10-2023
    Arranca Womex na Coruña. Está considerado como o encontro musical máis internacional e diverso do mundo. Desprazámonos ata alí para falar con Victor Bello, de Nordesia, e Carlos Seixas, do Festival de Músicas do Mundo de Sines.
    No relativo á gran pantalla, Moncho Lemos vén falarnos de dúas películas: 'Alimañas', de Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez; e 'A contadora de películas', de Lone Scherfig.
    30 min
  • A crónica deportiva 25-10-2023
    Falamos co pai de Brais Méndez despois de que o ex do Celta volvese asinar outra gran noite na Liga de Campións; no Racing, Moi Delgado ampara a Fran Manzanara e, no baloncesto, Toni Nakic avanza na súa recuperación no Breogán
    30 min
  • Diario cultural 25-10-2023
    O guionista Óscar Cruz pasouse a falar da serie en galego 'A arte de ser un mal pai', que pode verse en Filmin grazas á selección oficial no Festival Serielizados de Barcelona e Madrid.
    A nosa experta en videoxogos, Luz Castro, tráenos dous produtos da empresa Fictiorama: The Fabulous Fear Machine e Do Not Feed the Monkeys.
    30 min
  • Diario cultural 25-10-2023
    É a décimo sexta edición do certame anual organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, que reunirá máis de seiscentos músicos no Pazo da Cultura de Narón. Once bandas, dúas delas chegadas desde fóra de Galicia, competirán nas diferentes categorías. Conversamos con Iván Estévez, trompetista e presidente da Federación, e coa pianista e compositora María Mendoza, que dirixirá a Chikiband da Limia, unha das bandas participantes na sección infantil. A Agrupación Musical da Limia, que competirá na sección segunda, interpretará no seu programa un pasodobre composto por María Mendoza.
    Óscar Losada tráenos as actuacións do día no Womex.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades