Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 26-09-2023
    O Obradoiro disputa en Turquía o primeiro partido de competición continental da súa historia, a previa da Liga de Campións. No fútbol, o Racing venceu o Zaragoza, 1-0, líder da Segunda, e no Deportivo marcha David Vilasuso. E o lucense Roberto López envíanos un saúdo dende o Himalaia despois de facer cumio no Manaslu, 8.163 metros.
    15 min
  • Diario cultural 26-09-2023
    Na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia celébrase o XX Simposio O Libro e Lectura, no que o sector editorial galego valorará os 40 anos da súa asociación. Un simposio no que estarán presentes os nosos dous convidados: Manuel Bragado, que participa co relatorio 'As cifras da edición en Galicia'; e Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editoras.
    No eido da arte, Mónica Maneiro trae a María Marco, comisaria da mostra 'Os sobrantes', obra de Rosalía Batet que se expón en Pontevedra estes días.
    30 min
  • Diario cultural 26-09-2023
    Quico Cadaval conmemora as súas tres décadas de actividades na narración oral. O Teatro Principal de Santiago acolle esta función na que, para alén do repertorio do narrador, haberá unha importante dose de improvisación, xa que o público poderá deixar preguntas na entrada ao teatro ás que Cadaval responderá durante a súa actuación. Co protagonista falamos no programa.
    A experta en literatura Dolores Vilavedra vén falar de 'A Transición en Galiza', un volume no que se presentan, en síntese, catorce investigacións para comprender o país da época.
    30 min
  • Diario cultural 26-09-2023
    A catedrática emérita da Universidade de Maine (Estados Unidos) e filóloga Kathleen March ingresará na Real Academia Galega (RAG) como membro de honra o sábado 23 de setembro no Balneario de Mondariz. Con ela charlamos sobre todo o que arrodea a este acontecemento.
    15 min
  • 'Arquitectura e xénero'
    A arquitecta María Novas foi premiada na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo pola súa obra "Arquitectura e xénero". Con ela charlamos sobre as claves deste libro e do seu recoñecemento.
    15 min
  • Diario cultural 25-09-2023
    A arquitecta María Novas foi premiada na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo pola súa obra "Arquitectura e xénero". Con ela charlamos sobre as claves deste libro e do seu recoñecemento.
    Espazo tamén para a ciencia con Estíbaliz Espinosa, que vai aclararnos cales son as diferencias entre o equilux e o equinocio.
    30 min
  • Diario cultural 25-09-2023
    Os acontecementos lévannos ao Festival de San Sebastián, onde conectamos con Cisco Novo para que nos fale da estrea de "O sono da sultana" e sobre como vén a semana para os galegos. Sobre a exposición "A fráxil pel do mundo" en Pontevedra charlaremos coa súa creadora, Sara Coleman, e sobre a reflexión arredor da transformación da sensibilidade. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero pon o punto musical a este programa con Yoko Takano, que dende Xapón crea...música tradicional galega!
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades