Trasladámonos nesta ocasión a uns dos mellores Xogos Olímpicos da historia e tamén a uns dos xogos con máis contido reividicativo. Mexico é lembrada polas protestas dos atletas norteameiranos, polos numerosos récords mundiais e pola innovación na técnica dalgunhas probas, como no salto de altura. Pero neses xogos un keniano intentou levar tres ouros e 10.000, 5.000 e 1.500. Kipchogue Keino chegaba a México coa idea de levar tres ouros pero enfermou días antes, unhas pedras na vesícula frearon a súa fazaña. Non puido co 10.000, foi prata nos 5.000 e, a pesar de que os médicos lle aconsellaron non seguir correndo, apareceu na final dos 1.500 para lograr un dos ouros máis claros da historia do mediofondo mundial