Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • O mundo dos directores artísticos
    Afonso Becerra vai achegarnos o mundo dos directores artísticos, ben de festivais, ben de teatros. Programadores como Roberto Pascual, que acaba de despedirse, tras 15 anos, da MIT, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
    13 min
  • O auxe das remesturas
    Os mércores gardamos tamén un espazo para a música galega que enche de melodías Carlos Crespo. Hoxe indagará nunha tendencia en auxe: os remixes, as remesturas. Na práctica, facer versións novas, actualizadas, de vellos temas.
    21 min
  • A romaría dos cadaleitos
    A nosa contadora de mitos e lendas, Sole Felloza, vén falar hoxe da Romaría de Santa Marta de Ribarteme, a romaría dos cadaleitos, que se celebra hoxe.
    14 min
  • Hércules Brass
    Luís Miguel Crespo, na súa sección de música clásica, subiunos de novo á caravana festivaleira que aparcamos hai uns días, e levounos ata a terra de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Méndez Ferrín é dicir, “Onde o mundo se chama Celanova”, como dicía Curros. A vila ourensá, ademais de poesía, respira moita música, e como tal volve un ano máis o festival Hércules Brass, que este ano cumpre a súa 10 edición, nada menos. Entón ata alí marcharemos, coñecendo algo máis do programa, centrándonos sobre todo no interesante concerto da RFG que se celebra mañá xunto ao afamado trompetista sueco Hakan Hardenberger, pero coa idea de dar motivos suficientes para que o público acuda a Celanova, porque ademais de música de vento metal da mellor, atoparán moitos máis motivos para pasar agradables días.
    14 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube