Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • XianPais
    Carlos Crespo trae ás súas “descubertas” o muradán XianPais e o seu ‘O vento da ría’
    14 min
  • Lecturas de Samaín
    Hoxe Andrea Jamardo tráenos unha novela, unha caixiña de contos e un álbum ilustrado, todas historias para ler e compartir neste Samaín.
    ‘Mortiña e o cuarto agochado’, de Barbara Cantini e traducido ao galego por Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González para a editorial Hércules de Ediciones. A partir dos seis anos
    ‘Tumbiñas: a sustoteca de Don Samariño’. Nesta caixa pequena atopamos catro libros de Ledicia Costas, Sara Cano, Patricia Casasola e Pedro Mañas. Todo ilustrado por Chiki Sánchez en Triqueta editora. De seis anos en diante
    ‘Noite de golpes’, de Allan Ahlberg e André Amstutz traducido ao galego por Óscar e Sandra Senra Gómez para Kalandraka. Dende os tres anos
    14 min
  • 'As altas presións'
    Begoña Vázquez dános conta da vindeira estrea de Ángel Santos, ‘Así chegou a noite’, no Festival de Xixón. A película retrata unha paisaxe industrial esvaecida, algo que tamén recolle a súa fita anterior, ‘As altas presións’, que se pode ver en agalega.gal
    7 min
  • O teatro do porvir
    Afonso Becerra cóntanos como foi o VIII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2025, que se celebrou o domingo pasado no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña  En total puideron verse sete proxectos en proceso de creación, catro deles en galego e tres en portugués.
    8 min
  • Sonatas de outono
    Tito Lesende pica música propicia para a melancolía do outono con temas novos e mesmo algún inédito de Xan Pais, Luís Fercán e SPablo. E de sobremesas, o disco que saca a arxentina Paz Lenchantin e mailo concerto mañá na Capitol de Robert Finley
    45 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube