Comezamos o programa conversando sobre calotes, enganos... non soamente dos que nos chegan dixitalmente, senón tamén dos sentimentais.
Na mesa de actualidade, comentamos o peche definitivo de Vigozoo e outras novas curiosas. Tamén contamos con Moncho Lemos para recuperar esas series míticas que cumpren unha vintena de anos neste 2024, tamén as galegas, por suposto!
Miriam Leirós, profesora e coordinadora xeral de Teachers For Future Spain, cóntanos en profundidade a campaña educativa '28.000 polo clima', que vén de presentar o Ministerio de Educación.
Esta semana estase presentando en Galicia 'El aliento de las llamas', a cuarta novela de Ángela Banzas, con quen puidemos conversar uns minutos.
Para rematar, Xiana Albor fálanos do ácaro "varroa destructor". Vai destruír as nosas abellas da mel?