A primeira plantación de té ecolóxico de Europa está en Galicia. Está en Paderne, en Betanzos (A Coruña), e chámase Orballo, unha empresa rural de infusións ecolóxicas. Falamos con Óscar Torres.
Entrevista a Javier Taibo, director xerente do parque tecnolóxico Tecnópole, onde rapaces e rapazas de 12 a 18 anos de toda Galicia xa poden inscribirse nun campamento tecnolóxico de verán.
Proxecto Mulleres Afronte, no que a USC e a ONG Ecos do Sur busca mulleres artistas relacionadas coas migracións. Falamos con Lucía Oca e Nerea González.
O Degusta Tapas triunfa en Sanxenxo e achegámonos á localidade das Rías Baixas da man de Kike Magdalena.
Miguel López Cresco, da UCGAL fálanos da polémica coa estrea dos trens Avril desde o punto de vista do consumidor.
Os alumnos do Centro de Hostaleria Carlos Oroza trasladan as aulas ao Mercado de Pontevedra. Este mediodía cociñaron alí un menú elaborado con produtos de primavera.
Denís Graña, representante do grupo musical Rumia, presentounos a adaptación que fixeron dun tema en Portugués da famosa cantora Ana Moura (Desfado), adaptado a música electrónica.