Os Concellos de Muros, Carnota, Dumbría e Cee acordan crear unha ruta costeira que unirá
algúns dos recursos máis icónicos de Galicia e quixemos descubrila algo máis. Falamos con Cocoloco, unha nova empresa de accesorios para cans dunha parella emprendedora e creativa dos pés á cabeza pero, sobre todo, coruñesa. Coñecemos máis de Xulio César na colaboración Vía Clásica de Xosé Antonio López Silva e adentrámonos tamén na historia dos Xogos Olímpicos e da alimentación que seguían antes os deportistas. Viaxamos a Chequia con Agustín Vázquez a propósito duns voos directos a Praga en Semana Santa dende Compostela e pechamos o programa coñecendo máis da profesión de astrónomo con Borja Tosar.