Ángel Suances achégase ás figuras que personifican, nestas Letras Galegas 2025, a poesía popular oral. E faino falando coas asociacións culturais Raigañas e Malante (herdeiras das pandeireteiras de Mens , Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameijenda), presentes no acto institucional da Xunta. E tamén co gupo "Xunqueira", das Encrobas e coa cantareira Rosa Balbina Barbeito, sucesoras de Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; para rematar en Muxía, lembrando a Eva Castiñeiras, coas voces da Asociación Cultural Abaladeiras e da académica Ana Boullón.