“Estará nas librarías a primeiros de xullo”
Felicitamos a Fernando Castro Paredes, flamante gañador do Premio Galaxia de Novela 75 Anos, por ‘O lanzador de coitelos’.
Vai máis alá dun thriller, xa que aborda temas complexos como a memoria, a liberdade, a identidade e o control social . Segundo o xurado, o texto articúlase como un xogo metaliterario e de máscaras, no que se reivindica tamén a relación entre a arte e o fracaso.