“O importante é transmitir”.’Cantareiras. Oralidade, creación, transmisión’
Unha exposición no Museo do Pobo Galego que tece a cadea de transmisión da oralidade, dende as primeiras compilacións ata a democracia, pasando polas recolleitas do Seminario de Estudos Galegos, ata hoxe.
A mostra recolle unha selección bibliográfica, na que destacan tres compilacións: o Cantigueiro popular da Limia Baixa, compilado por Xaquín Lorenzo e Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, compilado por Antonio Fraguas, ademais da Colección de cántigas da Mahía que fixo Luis Tobío Campos en 1880
Conversamos con Concha Losada e Carme Campo desta mostra e mais do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI)