“A danza non é so técnica, sobre todo é emoción”
‘Cicatriz’Unha creación da compañía Kirenia Danza, coproducida por Artestudio e a Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego
Cicatriz parte do poema homónimo de Antón Reixa, unha obra de trescentos versos que comezan coa palabra "quero", nos que o autor explora o desexo e a súa influencia na vida das persoas para empoderalas fronte os prexuízos e discriminacións.
Interpretada por Kirenia Martínez e Antón Reixa, estréase o venres 28 na sede da SGAE en Santiago ás 20:30