A compañía Excéntricas leva a escena 'As desterradas', a peza coa que Carme Varela gañou o premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. O texto conta a resistencia das monxas bieitas
do mosteiro de San Salvador de Albeos, cando a coroa de Castela e a xerarquía eclesiástica pretenden desposuílas dos seus bens e expulsalas a Compostela.
Quico Cadaval dirixe a montaxe, que conta cun elenco formado por Belén Constenla, Melania Cruz, Rebeca Montero, Patricia Vázquez, Rocío González e Víctor Mosqueira.
Conversamos coa dramaturga, o director e unha das actrices.