Chelo Loureiro, medalla de ouro ao Mérito nas Belas Artes ”É un recoñecemento inesperado para todo o audiovisual galego”.
O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destaca o traballo da cineasta á fronte da produtora Abano, que fundou en 2007. Chelo Loureiro xa ten catro premios Goya e na edición do ano que vén optará ao quinto pola curta "Lola, Lolita, Lolaza", de Mabel Lozano.
Cómpre salientar que, entre as 38 personalidades e entidades da cultura distinguidas polo Goberno con este recoñecemento, está a tamén ferrolá Ana Vallés, dramaturga, directora de escena, bailarina, actriz e poeta visual