Ailá preséntanos o seu cuarto disco, 'Tradimensional', no que volven reunir un repertorio orientado ao baile. O grupo incorpora unha nova integrante, a zanfonista Manuela Fraguela de 17 anos. Conversamos coa vocalista e pandeireteira Ángela Carou e co acordeonista Xan Pampín.
Manel Cráneo fálanos de horror e ciencia ficción na banda deseñada a través do fanzine coruñés Altar Mutante, que fai 10 anos. Falamos cun dos seus directores, Luís Sendón.