Escoitamos 'Petricor', unha peza de teatro radiofónico escrita e dirixida por Lidia Fraga e interpretada por Fernando Tato e Iria Sobrado. 'Petricor' é unha das obras gañadoras da última edición do certame 'Escoitamos teatro', iniciativa da Fundación SGAE e a Radio Galega.
Con Pablo Sánchez Quinteiro escoitamos música de Marianne von Martinez, Gioachino Rossini e Johannes Brams, para repasar os próximos concertos da Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia.