Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Un mes para celebrar o patrimonio
    A asociación cultural e pedagóxica Ponte nas Ondas promove o 'Mes do Patrimonio Cultural Inmaterial'.
    Debullamos a programación, que inclúe diversos actos en Santiago, exposicións en Valença e Ourense e unha 
    gala en Vigo no Día do Patrimonio, o 16 de novembro.
    17 min
  • Diario cultural 28-10-2024
    Debullamos a programación coa que Ponte nas Ondas celebra o Mes do Patrimonio Inmaterial. Actos en Santiago, exposicións en Ourense e Valença e unha gala final en Vigo o 16 de novembro.
    Patty Castro pica hoxe música de Zënzar, lendas do rock galego, e Teima, unha banda de Vimianzo xa desaparecida.
    31 min
  • Diario cultural 28-10-2024
    Arranca a semana dos mortos e as ánimas. Defuntos, Samaín, Halloween...Que monstros asustan á rapazada? Son os mesmos medos que tiñan seus pais?
    Coa axuda de Isabel Mociño -experta en literatura infantil-e Maco Valle, libreira, tratamos de dar coas repostas.
    Carlos Crespo tráenos hoxe un adianto en primicia do primeiro disco de Law.
    32 min
  • Diario cultural 28-10-2024
    Formas breves de pensamento é o substrato da obra de Luísa Villalta, segundo Luciano Rodríguez. O investigador, responsable da edición do volume que publica Galaxia, presenta os materiais inéditos do legado da escritora.
    18 min
  • Que monstros asustan á cativada?
    Arranca a semana dos mortos e as ánimas. Defuntos, Samaín, Halloween...Que monstros asustan á rapazada? Son os mesmos medos que tiñan seus pais?
    Coa axuda de Isabel Mociño -experta en literatura infantil-e Maco Valle, libreira, tratamos de dar coas repostas.
    14 min
  • En Xogo Motor 26-10-24
    Galicia converteuse no referente do mundo do motociclismo de monte tras a celebración do mundial oficioso da modalidade. Centos de pilotos poboaron as pistas de Silleda e contorna para o deleite dos afeccionados. Sobre esta proba falamos coa "voz" galega do motocross e enduro, Agustín Deus. Asimesmo escoitamos a Dani Berdomás tralo seu triunfo no Rally San Froilán
    30 min
  • Dous libros sobre o acoso escolar
    Eva Mejuto proponnos hoxe dúas historias xuvenís sobre o acoso escolar. I´m Obélix, de Raquel Fernández Fernández, é o último premio Jules Verne de Edicións Xerais. Subnormal, de Fernando Llor e Miguel Porto, é unha BD que publicou en galego Retranca Editora.
    11 min
  • Estudios Abertos en Ourense
    25 artistas abren os seus espazos de traballo ao público durante unha fin de semana. A primeira edición de Estudios Abertos desenvólvese en Ourense do 25 ao 27 de outubro, promovido pola asociación cultural A Maquinadora. Visitamos a galería Dodo Dadá e o estudio do artista Manolo Figueiras.
    17 min
  • Circo de Pinocho
    Afonso Becerra lévanos ao Circo de Pinocho, de Educateatro Producciones. Circo de carpa en galego que combina o teatro musical cunha selección dos números máis tradicionais do xénero.
    7 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00