Conversamos co filólogo Takekazu Asaka, embaixador da nosa lingua no Xapón durante décadas, e agora recoñecido pola RAG como académico de honra.
Tradutor ao xaponés de Rosalía de Castro, Cabanillas, Novoneyra ou Martin Codax, Asaka ensinou galego no Xapón e publicou manuais de aprendizaxe da lingua desde o xaponés.
Conversamos con este 'nipogalego' en Cambados, unha vila que coñece en profundidade.