Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Especial Diario Cultural Luisa Villalta
    Poeta, narradora, ensaísta, dramaturga e música, o perfil da autora complétase tamén desde o activismo social e político, o feminismo ou a defensa da lingua e a cultura galegas.
    Isabel Freire asina este programa dunha hora de duración no que podemos escoitar a numerosas voces entorno á figura de Villalta. Tanto a traxectoria vital como a profesional, social e política forman parte do especial no que, grazas ao arquivo da Radio Galega, recuperaremos a poesía de Luisa Villalta na súa propia voz.
    Coñecidos persoeiros como Eva Veiga, Pilar Pallarés. Henrique Rabuñal, Pepe Cáccamo, Xurxo Souto, Ana Pillado, Pilar García Negro, Armando Requeixo, a académica Margarita Ledo, ou a súa irmá Susana Villalta, participan coas súas reflexións e recordos e completan unha rigorosa análise da súa figura .
    59 min
  • Diario cultural 16-05-2024
    Co profesor e especialista en teatro galego Henrique Rabuñal analizamos a actividade teatral de Luísa Villalta. Escribiu cinco obras e deixou algún material inédito.
    Con Moncho Lemos repasamos as principais novidades da carteleira: 'Disco, Ibiza, Locomía, dirixida por Kike Maíllo; e 'Calladita', de Miguel Faus.
    30 min
  • Diario cultural 16-05-2024
    15 artistas no programa da quinta edición do Festival Plataforma que se desenvolve en distintos espazos Santiago ata o 25 de maio. Falamos con Mónica Maneiro
    16 min
  • Sons adormecidos
    Con Luís Miguel Crespo repasamos os vindeiros concertos da Real Filharmonía de Galicia e da Orquesta Sinfónica de Galicia.
    13 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00