Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Berta Cáccamo
    O Museo de Pontevedra acolle a mostra "Berta Cáccamo. Correspondencias dun arquivo", que busca manter viva a súa memoria e difundir a obra da pintora abstracta.
    Falamos co seu irmán e co comisario da mostra.
    16 min
  • Sun Iou: amizade e amor á música
    “Agora” é o título do primeiro disco dunha nova formación chegada dende Teis: Sun Iou. O grupo mestura rock, música tradicional, punk e pop nun disco autoproducido e no que a amizade e o amor á música son o motor fundamental do proxecto.
    15 min
  • Diario cultural 22-04-2024
    “Agora” é o título do primeiro disco dunha nova formación chegada dende Teis: Sun Iou. O grupo mestura rock, música tradicional, punk e pop nun disco autoproducido e no que a amizade e o amor á música son o motor fundamental do proxecto.
    A creación musical galega do presente, retratada nun libro ilustrado. ‘Galicia Musicalidade’, do divulgador radiofónico NoelTurbulencias, recolle algúns dos nomes máis relevantes da escena actual e rastrexa as súas raíces nos últimos sesenta anos.
    Soco Vara de Rey explícanos as claves da súa exposición no Palacete das Mendoza de Pontevedra: "Color y vida".
    30 min
  • En xogo motor 20-04-2024
    As terras do Barbanza acolleron a terceira cita do Campionato Galego de rallys coa desputa do Rali do Berberecho. Gañou, leva pleno esta temporada, Vítor Senra. Alberto Meira e Dani Berdomás coparon o resto do podio. Todos eles e máis protagonistas pasaron polo resumo da cita noiesa na sección de motor do Galicia en Xogo. Ademáis o ploto de 12 anos Íker Rodríguez analizou os seus primeiros resultados no novo proxecto desta temporada, o salto a categoría PreMoto3.
    30 min
  • aRi[t]mar
    Chegan a Braga os premios aRi[t]mar da música e da poesía galego-portuguesas. Desenvolvidos no seu comezo pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago, fan parte da Rede da GaliLusofonia.
    16 min
  • 'Dansa' de Galicia ata València
    Afonso Becerra tráenos un híbrido de festival, feira e festa: o Dansa València. Na súa 37ª edición este festival quixo estreitar lazos con Galicia cunha programación na que destaca Marcia Vázquez co seu 'Onde pousa a humanidade' ou Paula Quintas con 'Multiperspectivas#2'.
    31 min
  • Luísa Villalta reeditada
    As editorais Laiovento e Cuarto de inverno presentan as reedicións do ensaio 'O Don Hamlet de Cunqueiro: Unha ecuación teatral' e a novela 'As chaves do tempo'. Falamos da edición da obras de Luísa Villalta con Prudencio Viveiro e Andrea Jamardo.
    15 min
  • Diario cultural 19-04-2024
    Chegan a Braga os premios aRi[t]mar da música e da poesía galego-portuguesas. Desenvolvidos no seu comezo pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago, fan parte da Rede da GaliLusofonia.
    Eva Sandino cóntanos a estrea nos cinemas de ´Cuñados`.
    15 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00