Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Galicia en Xogo Motor 11-11-2023
    O piloto lugués Eduardo Iglesias volveu inscribirse para o durísimo raid Dakar co desafío, por riba de todo, de recuperar o ánimo perdido na última edición, cando caeu na primeira especial e tivo que abandonar ao romper as dúas clavículas. Falamos tamén do terceiro posto de Gabriel Marcelli no mundial de trial e da última hora do campionato galego de rallys
    30 min
  • Festival de Teatro Valacar
    Durante este mes celébrase na Coruña o Festival de Teatro Valacar. Organizado pola ONCE, ten como obxectivo cambiar a forma na que se percibe a arte e a integración na cidade. Falamos co director do grupo e varios actores.
    20 min
  • A xira das '100 voltas'
    Verónica Codesal presenta en directo o seu último proxecto musical, ‘100 voltas’ na xira ‘Igualdade’, que a leva nestes días por Cedeira, Carballo, Outeiro de Rei, Vedra, Santiago, Oleiros e Arzúa. O álbum incorpora letras das poetas Yolanda Castaño, Lucía Aldao e Rosalía Fernández Rial que falan de sororidade, maternidade, vínculos tóxicos e liberdade persoal. A compoñente de Ialma acompáñase aquí do acordeonista Dider Laloy e o violinista Damien Chierici, cos que transforma musicalmente pezas inspiradas na tradición galega.
    18 min
  • 'Konrad' e 'Ula e Vinca' con Eva Mejuto
    Nas propostas de lectura de Eva Mejuto hai hoxe unha clásico e unha novidade. Recuperamos Konrad ou o neno que saíu dun bote de conserva, publicado en 1975 pola escritora austríaca Christine Nöstlinger e traducido ao galego por Eva Almazán e publicado por Sushi Books. E acaba de chegar ás librarías o cómic infantil ‘Ula e Vinca’, escrito e ilustrado por María Bren e publicado por Antela Editorial.
    11 min
  • Diario cultural 10-11-2023

    Hoxe Afonso Becerra tráenos ópera: 'Don Pasquale' da Asociación Amigos da Ópera de Vigo, pertencente ó seu "Outono Lírico".
    30 min
  • Comeza Cineuropa 37
    Como cada outono, o Cineuropa de Compostela enche a cidade de citas de película. Non só se trata da proxección de 115 filmes, senón de numerosas actividades paralelas, concertos, mesas redondas e obradoiros arredor do cinema. Ademais, Cineuropa premia este ano as traxectorias de Luis Zahera, Ana Torrent e Joâo Canijo. Falamos co director do festival , José Luis Sosa.
    19 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00