Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 03-11-2023
    “O máis difícil é compaxinar os diferentes estilos do jazz na programación diaria”. Comeza o XXXIII Festival Internacional de Jazz de Lugo que programa 24 concertos ata o 19 de novembro. Falamos con Alberto Grandío, director do festival.
    15 min
  • Diario cultural 03-11-2023
    Escoitamos o novo álbum do grupo de Muros co seu cantante, Miguel Cernadas. Oito temas nos que regresan ao son directo, máis cru, e que presentarán en directo o 8 de decembro na sala Malatesta de Santiago.
    Segunda entrega da historias terroríficas que escolmou para nós Eva Mejuto. Hoxe, A casa enmeigada, o clásico de Jan Pienkovski, que trouxo ao galego hai uns anos a editorial Patas de Peixe. Tamén lemos a última entrega dos Minimortos de Ledicia Costas, Criando malvas, outra historia divertida que rompe co tabú da morte coa axuda das ilustracións de Mar Villar. Poñemos o ramo cunha historia de bruxas, Clorinda Marween: unha bruxa inventora, con texto de María Márquez e ilustracións de Pupé, editado por Cumio.
    30 min
  • Diario cultural 03-11-2023
    Sabías que 2 de cada 3 topónimos que hai en España están en Galicia? A sexta edición de 'Toponimízate' busca recuperar os topónimos que dan nome ós nosos territorios. Falamos con Vicente Feijóo e Nicanor Palomares, de Galicia Nomeada.
    Afonso Becerra fálanos de ‘Berro’. Trátase da peza coa que Nova Galega de Danza celebra o seu 20 aniversario.
    30 min
  • Diario cultural 02-11-2023
    Ignacio Vilar e Manolo González divulgan por toda Galicia a figura do cineasta pioneiro José Gil por medio dun cinemóbil. Hoxe están no Grove e ata alí vamos.
    Moncho Lemos fálanos de ‘Saben aquell’ (David Trueba), sobre a figura do humorista Eugenio; e ‘Juniper’ (Matthew J. Saville), protagonizada por Charlotte Rampling.
    30 min
  • Diario cultural 02-11-2023
    Unha vez máis, e grazas a Alvarellos editora, podemos segui-las pegadas da memoria histórica de Galicia. Novo libro da investigadora Aurora Marco coa que falou Isabel Freire.
    É 'Now and Then' a derradeira canción de The Beatles?Debatémolo con Tito Lesende na estrea mundial da peza, que une a voz de John Lennon nunha maqueta de 1977 cos instrumentos de Paul McCartney, Ringo Starr e George Harrison.
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00