Neste capítulo repasamos con Ángel Sesar, autor do portal Historias del atletismo, os dous ouros que gañou Hicham El Gerrouj en Atenas 2004. O atleta marroquí tras perder nos anos anteriores só dúas carreiras de 1500, as finais de Atlanta e Sidney, levou a vitoria nos 1.500 e nos 5.000. Con isto rompeu o que parecía unha maldición nos xogos para el e, ademais, reeditou a fazaña do finés Paavo Nurmi, gañar esas dúas probas nuns xogos, 80 anos despois.