“Estar aquí e alá a un tempo. Pásanos a tódolos migrantes, é unha ponte moi forte”
O actor arxentino Gabriel Fernández chega de xira por Galicia coa obra GALEGO.
Fillo e neto de galegos, neste monólogo coescrito por el interpreta a un migrante na Arxentina que, xa de vello, desprega a súa memoria para avaliar a súa relación distante coa terra natal e co construído no país onde reside.