“En Galicia estamos saíndo da prehistoria da BD”
Arranca a 3ª edición de BDra GRÁFICA, o festival de banda deseñada do Concello de Pontevedra. Dirixido por Kiko da Silva, busca achegar á cidadanía a grande variedade de obras creadas polos autores /as da 9ª Artes.
As librarías e as editoriais contan cunha carpa de 30 metros na Praza da Ferraría. Ademais, exposicións proxeccións de cinema, conferencias, sinaturas e xornadas profesionais de BD.
Ata o 25 de maio en Pontevedra.