Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Ferrado e medio está pegado á actualidade de todo o relacionado co agro e os seus cultivos, co campo e os seus animais, así coma as políticas e os tempos que o marcan e condicionan.... more
FAQs about Todos os podcast | Ferrado e medio:How many episodes does Todos os podcast | Ferrado e medio have?The podcast currently has 122 episodes available.
December 10, 2023Ferrado e medio 10-12-2023Consultamos cos presidentes de Carnideiros e da Federación Galega de Porcino sobre o prezo da carne no Nadal. Dende o Club de Raza Can de Palleiro analizamos o impacto da lei de Benestar Animal. Preguntamos pola colleita da D. O. Valdeorras e conectamos co investigador Carlos Spuch para avaliar as conscuencias do abuso de pesticidas e de herbicidas....more56minPlay
December 03, 2023Ferrado e medio 03-12-2023Felicitamos a empresa de Alfoz que recibiu dous premios nunha cata de mel para logo analizarmos o impacto que a vespa velutina está a ter no sector apícola. No apartado do gando, conversamos co director da Asociación de Produtores de Porco Celta, que se queren organizar a nival estatal....more56minPlay
November 26, 2023Ferrado e medio 26-11-2023O compañeiro Xosé Ramón Alvite, organizador da Semana Gandeira de Mazaricos, explícanos que as intensas choivas tamén afectaron ao gando. Conectamos con Santa Comba para festexar o medio século que cumpre a Cooperativa Xallas. E celebramos as boas perspectivas dos produtores de grelos, que esperan superar os 202.000 quilos vendidos o último ano....more56minPlay
November 19, 2023Ferrado e medio 19-11-2023Tres protagonistas avalían os danos da chuvia prolongada nas colleitas. Agromuralla alértanos de que os prezos van facer que moitos alimentos sexan inasumibles para boa parte da xente. E ollamos para a campaña da castaña e para un libro sobre a cultura do mel na Costa da Morte....more56minPlay
November 12, 2023Ferrado e medio 12-11-2023As chuvias danan centos de hectáreas de cultivo en Galicia, falamos co presidente dos avicultores da Galiña de Mos, a Xunta informa dos ataques dos lobos e reparamos en dous alimentos: os 'kiwiños' e o queixo premiado nos World Cheese Awards....more56minPlay
November 05, 2023Ferrado e medio 05-11-2023O xerente dun viveiro de Ourense fai balance do sector das platas ornamentais. En Chantada, comparten as novidades na loita contra a vespa velutina. Sabemos algo máis da cosmética natural con mel e atendemos aos primeiros casos da EHE detectados no gando bovino....more57minPlay
October 29, 2023Ferrado e medio 29-10-2023Tralo ataque mortal a unha muller en Zamora, preguntámoslle ao experto sobre os perigos dos cans de pastoreo. A Asociación de Mulleres San Bartolomeu de Ínsua lembra o traballo do liño e falamos de gando co Sindicato Labrego Galego e co propietario dunha explotación para carne de Samos....more57minPlay
October 22, 2023Ferrado e medio 22-10-2023A recollida da castaña acumula anos de dificultades. Pola contra sorprendeu, para ben, o resultado da campaña do lúpulo. En Lugo, charlamos cun madeireiro das consecuencias dos lumes e rematamos ollando para os nosos museos do mundo rural....more57minPlay
October 15, 2023Ferrado e medio 15-10-2023No día da Muller Rural, anímanos a facer deporte Sheyla Bardanca, técnica da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais e futbolista no Dubra. Outra muller, a fundadora de Pazo de Vilane, fai balance da súa aposta: de 50 a 200.000 galiñas. E brindamos co xerente da adega de Castrelo de Miño premiada polo mellor viño de 2022....more57minPlay
October 08, 2023Ferrado e medio 08-10-2023Principia a campaña da mazá, con boa froita pero prezos baixos, e xa rematou a do miillo, posiblemente unha das mellores de sempre, segundo nos din dende Chantada, Taboada ou Láncara. Contactamos con ASAJA para ter información sobre os seguros agrarios e fixámosnos en dúas novas: os casos da enfermidade hemorráxica coñecida como a 'covid' das vacas e a entrada en vigor da Lei de Benestar Animal....more57minPlay
FAQs about Todos os podcast | Ferrado e medio:How many episodes does Todos os podcast | Ferrado e medio have?The podcast currently has 122 episodes available.