Comezou a temporada na terceira categoría do fútbol español e non o fixo con bos resultados para os equipos galegos. UD Ourense e Fabril caeron no seu debut na división, os das Burgas ante a Ponferradina no Couto e os coruñeses en Mérida. Asimesmo, o Rácing de Ferrol perdeu unha vitoria que tiña no peto nos últimos minutos, e tan só puido empatar en Getxo. Pola contra na pretemporada de baloncesto houbo pleno de vitorias galegas, co Breogán vencendo ao Real Madrid, o Obradoiro ao Joventut e o Básquet Coruña ao Palencia.