Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
FAQs about Todos os podcast | Lambóns dixitais:How many episodes does Todos os podcast | Lambóns dixitais have?The podcast currently has 103 episodes available.
April 01, 2025Lambóns dixitais 01-04-2025Javi Mos desvélanos que datos recollen as redes sociais dos nosos móbiles (dende crenzas políticas ou relixiosas ata estatísticas de saúde pasando por cualificacións crediticias). Falamos da posibilidade de que, grazas á IA, os contidos de internet sexan traducidos a calquera idioma. Dani Portela ofrécenos un anticipo da presentacion da Nintendo Switch 2. Marcus Fernández cóntanos como podemos ter o DNI no móbil....more1h 1minPlay
March 25, 2025Lambóns dixitais 25-03-2025A avogadas Elisa Branco axúdanos a entender o que é a ciberresiliencia. Comentamos con Javi Mos e Marcus Fernández a metedura de pata dos altos cargos do goberno estadounidense que incorporaron nun chat de Signal a un xornalista. Analizamos a pretensión de Instagran de crear "comunidades". Avanzamos os contidos da futura lei de protección de menores na contorna dixital. Falamos do lanzamento do xogo Assassins Creed Shadows....more1h 1minPlay
March 18, 2025Lambóns dixitais 18-03-2025Daniel Portela, Javi Mos e Marcus Fernández desvélannos cales son as plataformas de comercio en liña con máis clientes en España. Tamén nos advirten dos riscos que corremos se utilizamos as redes sociais durante a xornada laboral, anuncian os videoxogos de colección que están saíndo ao mercado e comentan as medidas que adopta Meta para eliminar a moderación nas súas redes....more1h 1minPlay
March 04, 2025Lambóns dixitais 04-03-2025Con Marcus Fernández e Javi Mos repasamos as novidades da última edición do Mobile World Congress de Barcelona. Comentamos a proxima desaparición de Skype, a presentación de Alexa Plus e a estrea da película Grand Theft Hamlet....more1h 1minPlay
February 25, 2025Lambóns dixitais 25-02-2025Entrevistamos a Manuel Otero, un dos artífices de Devmo, un estudo galego de desenvolvemento de videoxogos para que nos fale do seu proxecto "The pet squad". Javi Mos cóntanos os últimos pasos dados pola administración española para protexer á infancia en internet. Marcus Fernández comenta a estratexia de Apple de incrementa-los prezos da súa liña máis barata. Ademáis presentamos os videoxogos "Monster Hunter Wild" e "Sayonara Wild Hearts"....more1h 1minPlay
FAQs about Todos os podcast | Lambóns dixitais:How many episodes does Todos os podcast | Lambóns dixitais have?The podcast currently has 103 episodes available.