Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Mar de ardora expón toda a actualidade relacionada co mar e a pesca dende un punto de vista divulgativo e informativo.... more
FAQs about Todos os podcast | Mar de ardora:How many episodes does Todos os podcast | Mar de ardora have?The podcast currently has 118 episodes available.
November 11, 2023Mar de ardora 11-11-2023Ollamos para os prezos da centola no inicio da nova campaña, tamén para os da ameixa ou da voandeira. Na ría de Arousa, os temporais deixaron praias alfombradas de moluscos. E na Mariña imos a Celeiro a celebrar os cen anos da súa confraría....more56minPlay
November 04, 2023Mar de ardora 04-11-2023O programa vai a Outes, na ría de Muros e Noia, para charlar co director do festival de cine documental 'Mares da fin do mundo', Marcos Gallego, e coa mariscadora convertida a figura do TikTok, Mercedes Silva, 'Tokateki': "Tivemos a peor campaña de marisqueo que se lembra", asegura....more56minPlay
October 28, 2023Mar de ardora 28-10-2023O patrón maior de Barallobre comenta a apertura da campaña da vieira. Imos a Burela para falar cos palangreiros. O noso biológo imparte outra lección sobre as algas verdes e estudamos os problemas que vive o marisqueo na ría de Arousa....more56minPlay
October 21, 2023Mar de ardora 21-10-2023O quecemento global afecta á pesca e trae especies tropicais. En Noia, as primeiras poxas confirman as malas perspectivas da campaña do marisqueo. E imos a Celeiro para preparar a festa do centenario da súa confraría....more56minPlay
October 14, 2023Mar de ardora 14-10-2023O programa desta semana está enfocado na lexislación: avaliamos con pescadores e armadores o ano transcorrido trala aprobación de vedas en 87 áreas de pesca e consultamos con Anfaco a novas taxas da UE para a conserva. E no tempo do biólogo, sabemos algo máis da cherna ou mero....more56minPlay
October 07, 2023Mar de ardora 07-10-2023Abordamos os resultados de Conxemar 2023 dende o punto de vista dos empresarios e tamén o dos hostaleiros. Valoramos a apertura do marisqueo libre dende Rianxo e a Illa de Arousa. Vaticinamos o tempo dende Fisterra e aprendemos máis cousas sobre o prago....more56minPlay
September 30, 2023Mar de ardora 30-09-2023A especialista Irene Estévez comenta o plan da UE para que as confrarías se convertan en organizacións de produtores, o que, como nos contan en Noia, xa están facendo alí. A crise de Hiperxel chega aos xulgados. E en Cee celebran hoxe a súa homenaxe ás baleas, co libre 'Ser cetáceo' e a poesía e a escultura do mariñeiro Xosé Iglesias....more56minPlay
September 23, 2023Mar de ardora 23-09-2023O presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo repasa os resultados da reunión da NAFO. E o secretario xeral de Anfaco expón as alternativas que buscan as conserveiras ante os altos custos do aceite. En Burela alertan de que o prezo do bonito cae un 21% e recollemos as queixas contra o plan da eólica mariña....more56minPlay
FAQs about Todos os podcast | Mar de ardora:How many episodes does Todos os podcast | Mar de ardora have?The podcast currently has 118 episodes available.