Podcast COGAMI

Un café con Eva: falamos dos proxectos que desenvolvemos en COGAMI


Listen Later

A coordinadora da área de Proxectos, Catuxa Pereira, explica para Radio Voz que COGAMI impulsa cada ano máis de 90 proxectos grazas á captación de financiamento público e europeo, tras presentar unha media de máis de 150 solicitudes anuais a distintos organismos. Estas iniciativas benefician a máis de 15.000 persoas en Galicia en ámbitos como o emprego, a formación, a accesibilidade, a promoción da autonomía persoal, a asistencia persoal ou a atención temperá e ás persoas maiores.
Unha parte relevante destes proxectos está vinculada a fondos europeos, que permiten poñer en marcha iniciativas innovadoras como ConVive Rural, RUMBO ou Erasmus+, orientadas a promover a vida independente, evitar a institucionalización e avanzar en educación inclusiva e no uso de novas tecnoloxías aplicadas ás axudas técnicas. O obxectivo é claro: situar sempre á persoa no centro e garantir o seu dereito a vivir con autonomía, seguridade e benestar no seu propio contorno.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast COGAMIBy COGAMI