Sete días con Lía ou Sete días con Leo é o título, porque cada historia ten a súa denominación e a súa cuberta. Unha empeza por un lado e outra polo outro. Un protagonista, unha protagonista; unha historia nun lugar en paz e outra nun lugar en guerra, é dicir, nun campo de refuxiados que é a consecuencia dunha confrontación bélica. A historia dunha semana en cada un deses lugares. O seu autor, Xosé Tomás, é unha persoa imprescindible. Docente implicado que colabora sempre coa biblioteca escolar (ata por a bata de médico para facer consulta lectora), director cando hai que asumir responsabilidades, imparte relatorios e obradoiros de ilustración e banda deseñada, (do que tamén é autor cun papel fundamental na destinada a crianzas na que enche un baleiro que había na produción galega, humorista gráfico como pode verse nas viñetas de humor da Revista Galega de Educación e no libro Manual de escola, ilustrador dos libros doutras autorías, autor de libros (a dúas mans como neste caso)… Sempre cun estilo absolutamente propio.