Cercaronme as ondas

Unha semaniña enteira


Listen Later

Un ano máis o IES Mendiño bota a andar, xunto con outros dous centros de secundaria de Redondela, a actividade "Unha Semaniña Enteira". Unha actividade coordinada desde o Departamento de galego e que busca mellorar e avaliar a oralidade do noso alumnado, animándoos a falar en galego durante sete días. Para isto é fundamental a complicidade de todo o centro (profesorado e persoal) e das familias. Desde aquí o noso agradecemento a todos eles polo esforzo e a ilusión que lle puxeron estes sete días. A valoración do alumnado é moi positiva e animan a seguir coa actividade no futuro.
Participaron no programa Anxo Lusquiños (pai dunha alumna do centro), Carme Vallejo (docente de economía), Fon Conde (encargado da cafetaría do centro) e unha parte do alumnado do equipo de radio: Mara e Lucía de 2º da ESO, Hugo de 3º da ESO e Nico e Maeloc de 2º Bacharelato. O programa estivo conducido por Olga Nogueira (profesora de galego e coordinadora da radio) con Maeloc aos mandos. A edición fixérona Nico e José Antonio Martínez.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Cercaronme as ondasBy RQR