Viaxantas Podcast

Viaxantas Podcast

By Cristina TerceiroSociety & CulturePlaces & Travel
Download on the App Store

Viaxantas Podcast episodes

  • #16 Puglia en solitario
    Volve Viaxantas, este espazo de encontro para corremundos con ganas de compartir historias e destinos. No episodio 16 estreamos tempada, a segunda xa, e percorremos un lugar con postas de sol capaces de emocionar ata ao teu amigo máis toxo.
    Imos coñecer a rexión italiana de Puglia e as súas xentes, que para aqueles que non se sitúen vén a ser o tacón da bota que todos debuxabamos á perfección de cativos. Unha zona con moitísimos encantos e onde os turistas somos simples espectadores duns costumes que, afortunadamente, non mudaron co tempo. Convídote a coñecer a colorida Bari Vecchia, a fermosa Polignano a Mare e as súas praias pedregosas bañadas polo Adriático, pero tamén os trulli de Alberobello ou a Grotte di Castellana nunha expedición para aventureiros sen medo a quedar perdidos polo camiño.
    Esta é unha viaxe en solitario con banda sonora propia, grazas a Domenico Madugn e o seu mítico VOOO-LA-REE.
    Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
    36 min
  • #15 O Grove, unha loa á tradición mariñeira
    O Grove é un paraíso gastronómico con maiúsculas que contenta o estómago e alegra a vista, grazas os seus miradoiros, as súas praias de area fina, as súas augas atlánticas de azul intenso e todo o ambiente dun destino de excelencia para turistas de preto e de lonxe. Ao percorrer as súas rúas ou degustar os seus pratos decátaste de que son, por sí sós, unha loa á tradición mariñeira, intrínseca ao ADN meco. No episodio 15 de Viaxantas imos converternos por uns minutos en turistas no noso propio país para coñecer o “Caribe galego” dende tres puntos de vista diferentes: O puramente turístico, con Mara Mariño, responsable da Oficina de Turismo da vila. O histórico, co conservador do Museo das Salgadeiras de Moreiras, José Luís Escalante González. E a faciana máis humana e emotiva, con Lorena Lores, filla de migrantes de O Grove, que nos conta o que representa esta vila para ela e cómo a foi ir coñecendo a través das descripcións de familiares ata visitala por primeira vez.
    ________________________
    Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
    1 hr 5 min
  • #14 A volta ao mundo en paisaxes sonoras
    Agardo que esteas listo ou lista para a aventura sonora que che teño preparada porque esta vai ser unha viaxe no espazo e no tempo a través de tódolos continentes. Imos percorrer Panxea, esa masa xigante de terra emerxida, á que hoxe separan mares e océanos. E imos facelo a través da música, dos instrumentos e das civilizacións que lles deron vida con dous grandes mestres que se adican a recuperar estes sons esquecidos: o multiinstrumentista galego Abraham Cupeiro e o compositor e investigador arxentino, Alejandro Iglesias Rossi, director da Orquesta de Instrumentos Autóctonos y Nuevas Tecnologías da Universidade Nacional Tres de Febrero da Arxentina.
    Imos dala volta ao mundo a través das súas paisaxes sonoras. Acompáñasme?
    ________________________
    Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
    1 hr 7 min
  • #13 O espírito do Camiño, con Wendy Werneth
    Se hai algo que nos identifica en boa parte do mundo e polo que moitas persoas de lonxe sitúan Galicia no mapa, iso é o Camiño de Santiago. Por iso, neste ano Xacobeo no podía faltar en Viaxantas algunha referencia a esta ruta milenaria.
    Colle uns tenis cómodos, pon a mochila ás costas e a túa cuncha de peregrino porque no episodio 13 do podcast farémolo Camiño Nascente portugués, o da Gueira e dos Arrieiros e o de Fisterra cunha estadounidense neofalante da nosa lingua. Ela é Wendy Werneth e da súa man imos coñecer o espírito do camiño: dende as historias humanas que hai detrás de cada peregrinación a consellos prácticos para iniciar a ruta Xacobea nun ano aínda pandémico.
    Wendy coñece ben as dúas caras porque leva facendo diferentes camiños a Compostela dende o ano 2017. O último, rematouno hai só uns días e podes revivila experiencia, etapa a etapa, na súa canle de Youtube «Wendy speaks galego» . Déixoche o encerezo web aquí para que lle botes unha ollada. Paga a pena: https://www.youtube.com/channel/UCYoXpEkctnqvHhBnzVx2NdA
    Wendy é ademáis unha viaxeira intrépida, xa visitou 117 países e sumando. Nas súas redes sociais podes coñecer cales son as súas próximas viaxes e na súa web -The Nomadic Vegan- descubrir cómo percorrelo mundo comendo vegano (https://www.thenomadicvegan.com/)
    Boa escoita e bo camiño!
    ________________________
    Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.
    Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
    40 min
  • #12 Aventuras na illa dos volcáns
    O episodio 12 de viaxantas é culpa, única e exclusivamente, da vaga de calor que estamos a ter por Bélxica estes días e que conseguiu que a miña mente só pense nunha escapadas refrescantes, con praias paradisíacas onde sopre unha brisa agradable constante, e na que poder gozar de bos parques naturais. E tendo isto en conta, decidín que xa era hora de que neste podcast falásemos dunha illa. Unha desas que case é máis popular no exterior que na casa, un lugar no que parece que sempre é primavera e onde os volcáns son protagonistas absolutos. Benvid@ a Lanzarote.
    Falaremos das mellores praias, de como sacarlle o máximo partido ao Parque Natural de Timanfaya e tamén de experiencias alternativas coas que gozar dunhas vacacións do máis completas e diferentes.
    Acompáñanme:
    Andrea e Carlos Vázquez, para falar de roteiros en bici e paseos en Jeep nunha illa case virxe.
    Jorge Barrio, para meterche o becho do submarinismo no corpo.
    Apúntaste a esta viaxe sonora?
    ----------
    Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.
    Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
    56 min
  • #11 Cuntis, máis ca un paraíso termal
    Ti como describirias a vila na que te criaches?
    Ese é o reto que che lanzamos no episodio 11 de Viaxantas Podcast.
    Aquí imos falar de historia castrexa e romana, de termalismo e de roteiros de sendeirismo. Benvid@s a Cuntis, esa vila tranquila que ten moito máis para ofrecerche ca termalismo.
    E para enterder mellor este municipio falamos con tres persoas que a coñecen ben:
    Heitor Picallo, ilustrador, escritor e investigador que coñece ben a faciana termal e histórica desta vila con máis de 2000 anos de historia. Manuel Martínez, técnico de turismo do Concello de Cuntis, que nos vai achegar os segredos menos coñecidos da localidade e arredores. Sandra Obarrio, da fundación Terra Termarum, que nos descifrará o Castro de Castrolandín e o proxecto de reconstrucción de cerámica castrexa que lidera.
    Boa escoita!
    ----------
    Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.
    1 hr 3 min
  • #10 Un paseo medieval
    No episodio 10 de Viaxantas imos dar un paseo medieval a unha das cidades máis fermosas do corazón de Europa: Bruxas.
    Se queres saber a razón pola que aos habitantes de Bruxas lles chaman "tolos", se é certo que as casas teñen un grifo de cervexa directo da fábrica aos seus salóns ou por qué venden "souvenirs" específicos para hispanofalantes, dalle unha escoita a este novo episodio do teu podcast de viaxes e experiencias en galego.
    ----------
    Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego.
    22 min
  • #9 As letras galegas en América
    Maio é o mes por excelencia das nosas letras e da nosa lingua, o galego, aínda que honralas, querelas e utilizalas debemos facelo os 365 días do ano. Por iso, no episodio 9 de Viaxantas quero sacar ámbalas dúas da súa zona de confort e ver cómo latexan, cómo medran e se expanden nun continente histórico para os galegos, América.
    E para facelo,a compañareime do presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes, que nos porá en contexto.
    Ademáis, debateremos con Carlos Rodríguez Brandeiro (director do Colexio Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires), Marta Villar (impulsora do "Faladoiro" do Centro Galicia de Bos Aires) e Débora Campos (xornalista e unha das fundadoras do grupo de Lectores Galegos en Bos Aires) sobre o presente e futuro da cultura galega na quinta provincia.
    Acompáñasme nesta homenaxe á galeguidade exterior?
    ----------
    Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego.
    1 hr 39 min
  • #8 Ribeira Sacra, a posta en valor do rural
    No episodio de hoxe imos coñecer unha das xoias naturais de Galicia, a Ribeira Sacra.  Aínda que non imos quedar só nas súas paisaxes impoñentes, adentrarémonos tamén no románico rural galego e camiñaremos entre vides da man das súas xentes, para falar da posta en valor do noso rural. Son os seus habitantes os que fan a maior reivindicación de futuro para as súas vilas, como opción para vivir, para traballar, para preservalo noso. 
    Para iso conto con dous bos axudantes: 
    Beatriz Pérez é experta en románico da Ribeira Sacra e outro patrimonio. Con ela falaremos dos mil e un atractivos desta zona de Galicia, das tradicións ao redor da vendimia e dos manxares que a acompañan. Podedes coñecer máis sobre o que fai na páxina web do seu emprendemento: https://maisqueromanicorutas.com/ 
    Primitivo Lareu, de Adegas e Viñedos Lareu contaranos tódolos segredos da viticultura heroica e do que iso implica para un negocio familiar como o que dirixe. Podes coñecelos mellor na súa web:  http://www.adegaslareu.com/ 
    Se che gusta o que escoitas, subscríbete, valora e comenta. 
    Xa sabes que podes seguirnos en:
    Instagram: https://www.instagram.com/viaxantas/ 
    Facebook: https://www.facebook.com/groups/3558732530911721 
    Ou bótalle unha ollada a nosa web: https://viaxantas.wordpress.com/
    Máis en 15 días.
    55 min
  • #7 Un tren ás nubes
    Collede un asento de ventá e poñédevos cómodos e cómodas porque acabades de subir a bordo dun tren que vos levará case ata o ceo. Neste episodio transportámonos novamente a América Latina para acariñala pachamama, tocalas nubes e descubrila cara B do norte arxentino.
    Moi boas, son Cristina Terceiro e isto é Viaxantas Podcast!
    Nesta escapada sonora imos coñecer unha das obras de inxenierías máis importante da Arxentina, o viaducto de La Polvorilla e o seu famoso tren a las nubes. Falaremos de paisaxes únicas, pero tamén da dureza da vida na Puna salteña. Falaremos de cultura e escoitaremos músicas da zona.
    Ademais, sabías que en Galicia tamén tivemos un intento de "tren ás nubes" propio. Fáloche del no episodio, pero podes coñecer tódolos detalles neste artigo que publicou La Voz de Galicia cando se cumpliron os 100 anos deste proxecto fallido: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/becerrea/2018/04/22/dia-pedrafita-quedo-trenel-bng-outeiro-pide-abrir-empresas-contratos-locales/0003_201804L22C6993.htm
    Tamén nos adentramos na celebración da Pachamama, contándoche algúns dos ritos fundamentais desta celebración que me pillou de paso.
    Súmaste á aventura?
    Se che gusta o que escoitas, subscríbete, valora e comenta.
    Xa sabes que podes seguirnos en:
    Instagram: https://www.instagram.com/viaxantas/
    Facebook: https://www.facebook.com/groups/3558732530911721
    Ou bótalle unha ollada a nosa web: https://viaxantas.wordpress.com/
    Máis en 15 días.
    24 min

About Viaxantas Podcast

From the publisher's feed

Viaxantas é un podcast mensual en galego para os amantes das viaxes, as experiencias e a boa comida. Un espazo dirixido por 🎙Cris Terceiro con entrevistas e no que ti tamén podes facernos chegar as…