‘Lovismo’ (2025) é o quinto disco d’A banda da Loba, un traballo que ten como
fío condutor o amor nas súas múltiples formas de expresións. Neste disco contan coas colaboracións de Tomé Mouriño (De Ninghures), De
Vacas e Terrae, con quen coproducen un tema, ‘Olliños’. Ademais,
acompáñanas nos ventos Adrián Real, Lara Porto, Cristóbal Fernández e
Diego Suárez. Tamén fan unha adaptación dun poemario de Olga Novo,
sumándose así á literatura de Luísa Villalta e Rosalía.